Inicio de sesión

Se encuentra usted aquí

Código de Navegación Segura

Propoñemos como ferramenta básica na instrución aos pais e aos nenos e nenas que navegan pola Internet o "Código de Navegación Segura":


1.- O neno non debe facer uso sen a supervisión próxima dun adulto responsable.


2.- O ordenador debe estar situado nun lugar común do fogar. A pantalla debe estar á vista.


3 - Navega, chatea e conversa de xeito frecuente xunto aos teus fillos: Compartir Internet.


4 - Ensina os teus fillos a consultalo antes de facilitar datos persoais mediante correo electrónico, salas de Chat, foros e formularios persoais.


5 - Fale aos seus fillos da sexualidade responsable, xa que os nenos poden encontrar
contido para adultos ou pornografía en liña. Anima os nenos-nenas a que te informen
sobre situacións desagradables


6 - Elixe un sitio axeitado para os seus fillos como "paxina de inicio". Monta e supervisa
unha lista de sitios favoritos.


7 - Conversa con eles dos seus amigos e actividades en liña do mesmo modo que
doutras actividades do mundo real na que empezan a coñecer persoas novas.


8 - Ensinalles a ter un comportamento en liña responsable e ético e practica ti mesmo o exemplo.


9 - Comunicalle aos teus fillos que ti estarás ao tanto das súas actividades en liña.


10 - Estate atento ao que os teus fillos che informen, escóitaos e acompañaos nestas etapas de descubrimento.